
Agustín Agra Barreiro, nado en Noia o 12 de setembro de 1966, é un escritor galego. Licenciado en Bioloxía, é profesor desta materia no IES A Cachada de Boiro. Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia. Colaborou en La Voz de Barbantia. Entre as súas obras destacan títulos como O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is, Premio Merlín 2006. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo, en 2004, por Os límites do inimaxinable.