
A escritora Berta Dávila (Santiago 1987), que moi nova sorprendeu gañando o Premio Biblos-Pazos de Galicia para menores de 21 anos e culminando da man de Agustín Fernández Paz a súa notable primeira novela Bailarei sobre a túa tumba (2008), é hoxe unha recoñecida poeta e narradora con poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, premios Johán Carballeira, da Crítica española e da AELG) e obras narrativas como libro de relatos A arte do fracaso (2010), traducido para o castelán e o xaponés, ou a novela O derradeiro libro de Emma Olsen, premio de narrativa breve Repsol en 2013, co que obtivo tamén o premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013. Tamén foi nomeada pola AGE autora do ano en 2014.

2024

2010

2017

2008

2019

2007

2008

2020

2021

2013

2020

2013

2022

2022