
Iván García Campos, nado na Coruña o 14 de xullo de 1974, é un escritor galego. É licenciado en Deportes polo INEF e exerce como rehabilitador físico. En 2008 gañou o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro coa obra «Unha casa chea de xanelas». A súa primeira novela, «O imposible de desatar», gañou a XXVIII edición do Premio Blanco Amor en 2010. https://gl.wikipedia.org/wiki/Iván_Ga...