O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa particular mirada interior e exterior e a sua escrita. Os poemas e os relatos de Lois Pereiro sitúan os seres na liminalidade por que el tamén estaba aí, na fronteira. Moitos de seus poemas son escenas cinematográficas nun espazo fronteirizo e cuns protagonistas sumidos no movemento e na inestabilidade vital. Literatura urbana ambientada nos espazos públicos (rúas, trens, metro, bares...) coma as películas de David Lean e Wim Wenders. A linguaxe do cine vén suplir, desta maneira, aquilo que resulta indescritible na escrita e mostra o que sucede no labirinto da cidade.