
Lúa Mosquetera naceu en 1988 e estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou o seu primeiro poemario (autoeditado), Rasrás, en 2018, e desde entón participou en numerosos festivais recitando a súa poesía, sempre acompañada da guitarra do músico Mori4rty. Destacan as súas intervencións no festival Elas Son Artistas, no Festival de Música e Artes Loro Facu ou no Festival Internacional de Poesía e Performance Kerouac.