Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971) Ola. Son pai de dous fillos, médico e profesor de formación profesional. No tempo que me queda escribo novelas e, o que resulta aínda máis asombroso, consigo que sexan publicadas. Escribín tres novelas de xénero policial: "A ira dos mansos" (Premio Xerais 2016), "O meu nome é Ninguén"(Xerais, 2018) e "A vinganza dos homes bos" (Xerais, 2020), protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso. O Manso é o personaxe que máis satisfaccións me está a dar como escritor, así que estou tentando escribir unha cuarta novela da serie. No ano 2023 publiquei un libro xuvenil titulado "Setestrelo" axudado polo meu fillo máis novo. Unha space-opera para cativos na que puxen (puxemos) moitísimo corazón. En 2024 publiquei "O xogo de Escher" (Xerais, 2024), novela gañadora do IX Premio de novela curta Cidade centenaria de Ribeira, unha distopía de ciencia ficción disfrazada de reflexión filosófica. Ou era ao revés? A última novela publicada (marzo 2025) por Boadicea Editora é Trickstar. Postais desde as estrelas. Lémonos!