
Manuel García Seixas, coñecido como Manuel Seixas, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de xuño de 1961, é un mestre, escritor e músico galego. Profesor de filosofía e valores éticos no IES A Basella de Vilanova de Arousa. Como músico foi membro do grupo Korosi Dansas, tivo un proxecto en solitario e actualmente forma parte de Neuroband.