
Patricia Alonso Janeiro, nada en Santiago de Compostela en 1978, é unha escritora galega. É licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas como Novas da Galiza, Ariel, Arraianos ou Luzes, ademais de realizar traducións para o Cineclub de Compostela.