Margins
A cidade dos Césares book cover
A cidade dos Césares
1993
First Published
3.40
Average Rating
408
Number of Pages
Entre 1776 e 1783 case catrocentas familias embarcaron nos peiraos do Parrote, na Coruña, rumbo ás terras ignotas da Patagonia para levantar no sur do novo continente poboacións e asentamentos " cos que el-Rei don Carlos III das Españas ha de defender os seus reinos, ameazados pola cobiza do inglés e e a furia dos inimigos ", segundo rezaban as ordes do ministro Floridablanca e o marqués da Sonora, inspiradores da experiencia. Esta " Expedición das familias ", que foi como se denominou a aventura, movilizou fundamentalmente xentes de Galicia, de León e de Asturias, labregos " de probada conducta ", para afincar os establecementos patagó San Xosé, Porto Desexado, San Xulián, Nosa Señora do Carme..., e constitúe de feito a primeira emigración masiva de galegos o novo mundo, o principio dunha longa diáspora. Freixanes volve, pois, sobre algunhas das súas a utilización da Historia como materia narrativa, e propón nas páxinas desta novela un canto épico ás nosas xentes, homes e mulleres de humilde condición, pilotos, oficiais, exploradores, intendentes, capitaneados por don Xoán De la Piedra, primeiro responsable da expedición. Novela de aventuras e de reflexión, de intenso alento épico e escollidos momentos de lirismo, na que o lector viaxa da man dun difunto, o piloto noiés Basilio Vilariño, por algúns dos episodios máis fascinantes e menos coñecidos da nosa Historia.
Avg Rating
3.40
Number of Ratings
10
5 STARS
30%
4 STARS
0%
3 STARS
50%
2 STARS
20%
1 STARS
0%
goodreads

Author

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved