Margins
Sign in
Margins
548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
hello@margins.app
·
+1 (650) 223-5283
Privacy Policy
·
Terms of Use
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved
A señorita Bubble
A señorita Bubble
Series · 3 books · 2017-2023
By
Ledicia Costas
Books in series
#1
A señorita Bubble
2017
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.
#2
A Señorita Bubble
2020
Lady Bubble comeza unha nova vida nunha preciosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en petarlle na porta. Unha familia de pingüíns necesita da súa axuda. Tamén os elfos da fábrica de xoguetes botan man dela porque están vivindo unha situación desesperada. Nesta nova aventura que segue a A señorita Bubble a protagonista vai ter que enfrontarse a un poderoso inimigo. Papá Noel cruzou ao lado escuro. Ilustrado por Andrés Meixide.
#3
A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas
2023
A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa intención de dominar o Reino Unido. A inventora vai ter que despregar todo o seu enxeño para recuperar a peza roubada e tamén para que a paz regrese a Londres. Mais non o vai ter nada doado.
Author
Ledicia Costas
Author · 24 books