Margins
Anselmo Lopez Carreira profile picture
Anselmo Lopez Carreira
Author · 2 books

Anselmo López Carreira, nado en Vigo en 1951, é un historiador galego. Licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover. É tamén profesor titor da UNED en Ourense, catedrático de secundaria e historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos. Anselmo López é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica, centrada na historia medieval de Galicia. Tamén é coautor de varias Historias Xerais de Galicia (1979, 1991, 1996 e 1997). Estivo casado coa poeta e política Chus Pato, coa que tivo dúas fillas: a historiadora Sabela López Pato e a tradutora Catuxa López Pato.

Books

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2025 Paratext Inc. All rights reserved