
Author

Licenciado en Filoloxía Galega, no 2010, e doutor en Lingüística Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, impartiu docencia nas universidades de Santiago de Compostela e na Universitat Autònoma de Barcelona. Vive en Barcelona, traballa no sector editorial e é profesor do curso anual de poesía da Escola de Lletres de Tarragona. Os seus primeiros textos de creación viron a luz en revistas coma Dorna, Andar 21 ou Nova Ólisbos. En 2008 publicou unha colectánea de poemas na Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe baixo o título Escola do resentimento. Publicou varios libros de poemas. Pola súa obra, recibiu, entre outros, o Premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia (2010), o Premio da Asociación Española de Críticas Literarios (2015), o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández (2015) ou o Premio de Poesía Afundación (2018). Participou nos festivais internacionais de poesía de Córdoba (Arxentina), Ottawa (Canadá), Barcelona e Mallorca, entre outros. Ademais, traduce poesía galega contemporánea e é membro fundador da editora-libraría-espazo de creación Chan da Pólvora, con sede en Santiago de Compostela. Traballou no Instituto da Lingua Galega, e é membro das Redes Escarlata.