Margins
Círculo book cover
Círculo
1998
First Published
4.33
Average Rating
240
Number of Pages
Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terríbel e marabilloso, múltiple e repetido. Un libro coma unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida. Tic-Tac foi unha expresión de ansia e a anguria polo paso do tempo, a vida baixo o signo da desesperanza: Círculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si. Círculo é tamén o retorno de Nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. Con esta obra, Suso de Toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos atrapar no seu mundo tecido cos fíos invisíbeis de emocións profundas e perturbadoras. Para Suso de Toro "a forma de Círculo é a dunha serpe que morde o rabo, a serpe Uroboros dos alquimistas, o círculo. Quixen, como en Tic-Tac, resumir a existencia, só que nunha visión distinta. Alí quixen representar a vida como traxedia agónica, a vida cruel de dous modos, vivíndoa sen esperanza, desesperadamente. Aquel era libro moi masculino en moitos sensos. Aquí, pola contra, quixen que expresase outra visión da vida máis reconciliada e que xa veño intentando expresar nas últimas novelas, unha vida na que reina a morte e sen embargo non é desesperada. Unha vida vivida desde o aceptamento da morte, sempre terríbel; o aceptamento do terríbel. E tamén, por así dicir, unha vida enteira e plena, e por iso me acollín a esa visión mítica que me dá a laquimia, "a Gaya Ciencia", do mundo como un todo circular formado polos catro elementos: lume, aire, auga e terra. Que xa vén da sabedoría presocrática. O que é certo é que establece unha relación con Tic-Tac e que quere expresar unha actitude e unha comprensión da vida distinta. E que está feito de soño e de afán de verdade".
Avg Rating
4.33
Number of Ratings
3
5 STARS
33%
4 STARS
67%
3 STARS
0%
2 STARS
0%
1 STARS
0%
goodreads

Author

Suso de Toro
Suso de Toro
Author · 13 books

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego. O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor. É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas. En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria. Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved