
XIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2019 Xacobe, un escritor mozo que vive en Barcelona recibe subitamente a noticia da morte do seu avó materno. Obrigado a regresar a Eiradona, a vila galega onde naceu, alí vólvese encontrar co seu círculo familiar e cunha nai mancada polo pasado. Baixo a influencia aínda presente da personalidade do finado, Xacobe revive os días da súa infancia e, sobre todo, a relación cun amigo íntimo que axiña ha perder. Aquela primeira experiencia da separación volve agora co afastamento definitivo producido pola morte.