Margins
Extramunde book cover
Extramunde
2011
First Published
3.33
Average Rating
375
Number of Pages
Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a navegación polos océanos Atlántico e Índico na procura de mundos afastados, para rematar nun poboado da tribo dos Dayaks, os cortadores de cabezas. Extramunde, escrita nunha prosa coidada, engaiolante, por veces vertixinosa, supón a culminación dun soñ a negación da diferenza, a procura da liberdade. Dividida en catro seccións, cada unha cun ritmo e cun alento diferenciado, admite varios niveis de lectura, pois é, ao mesmo tempo, novela de aventuras, de viaxes e de pausada reflexión. Unha novela que non vai deixar indiferente a quen se adentre no proceloso mar da escrita de Queipo.
Avg Rating
3.33
Number of Ratings
12
5 STARS
17%
4 STARS
25%
3 STARS
33%
2 STARS
25%
1 STARS
0%
goodreads

Author

Xavier Queipo
Xavier Queipo
Author · 4 books

Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957, é un biólogo e escritor galego. Licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina e Cirurxía (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1989 vive e traballa en Bruxelas. Colaborou no portal web Vieiros, na Revista das Letras e no semanario A Nosa Terra, e, na actualidade, na revista Grial. Mantivo unha columna de opinión semanal no programa da Radio Galega Diario Cultural. En 2011 gañou o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa.

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved