Fisteus era un mundo é un libro escrito para que a aldea non morra nunca. A narración dunha muller que tivo medo de dicir que era da aldea e que agora lanza unha reivindicación do idioma, da amizade, dos pais e da terra. Máis tamén é a memoria dos atrancos que vai deixando atrás a infancia e a mocidade. Dos tempos de aprendizaxe como muller que chegara a estas páxinas en carne viva.