A autora (Fisteus, 1972), afirma na introdución que, cando xa ninguén escribe cartas a man, ela decide manter correspondencia con amizades e diversas personalidades do mundo da escrita e da cultura de Galicia para artellar un persoal libro de cartas. Estas son «elos que unen. Vínculos afectivos que nos achegan uns a outros e nos manteñen cos pés na terra. A lingua é algo amoroso e táctil», afirma. Textos íntimos, literarios, fondamente poéticos... e reais, posto que foron efectivamente cartas enviadas por correo postal ás persoas destinatarias. Ilustrado por Anxo Pastor.