Margins
Jesús Castro Yáñez profile picture
Jesús Castro Yáñez
Author · 2 books

Jesús Castro Yáñez, nado en Baltar (A Pastoriza), o 2 de abril de 1992, é un poeta e odontólogo galego. Comezou a súa traxectoria literia moi mozo e con só 17 anos gañou o premio Minerva de poesía. Tres anos despois gañaría o II Premio de poesía Díaz Jácome (2012) e, a partir de aí, obtería mencións noutros certames coma o Xela Arias ou o Ánxel Casal. 2015 foi o ano máis importante para el canto a recoñecementos, pois en pouco tempo foi recoñecido con dous premios relevantes: o I Premio de relato breve Nélida Piñón do Concello de Cotobade, co relato «O vello e o minotauro» e o Premio nacional de poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos. Ten publicado poemas en revistas como Dorna ou Obituario Magazine. É autor da plaquette bilingüe de descarga gratuíta Spike-and-wave (Nanoediciones, 2014). No 2017 publica en inglés /\/\/\ dentro do proxecto poetrywillbemadebyall.com—dispoñible tanto para descarga gratuíta en internet como en formato impreso—e Ultramarino (Chan da Pólvora Editora, 2017). En 2018 colaborou na revista Ligeia.

Books

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved
Jesús Castro Yáñez