
Authors

Tamara Andrés (Pontevedra, 1992) es graduada en Traducción e Interpretación por la Universidad de Vigo y titulada en el Máster en Estudios de la Literatura y de la Cultura de la Universidad de Santiago de Compostela. En 2015 publicó Amentalista con la editorial Diversidad Literaria. En el ámbito de la poesía ha ganado el Concurso de Poesía O Facho en el año 2015 con su obra Nenæspiraes y su conjunto de poemas Xogos surrealistas se puede encontrar dentro del libro Premio 2014 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo. Sus palabras encuentran refugio en varias páginas digitales en las que colabora de forma habitual, como en el proyecto de creación literaria La metafísica del circo, del que es co-creadora, en la revista de difusión cultural La piedra de Sísifo o en la plataforma de traducciones hacia y desde el gallego Sagas. Su traducción al gallego de la novela Bruges-la-Morte, del escritor belga Georges Rodenbach, está disponible en la página web de la Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego. Además, ha sido guionista del cortometraje Tiempos olvidados. Más info: https://esquecemosotempo.wordpress.co...

Jesús Castro Yáñez, nado en Baltar (A Pastoriza), o 2 de abril de 1992, é un poeta e odontólogo galego. Comezou a súa traxectoria literia moi mozo e con só 17 anos gañou o premio Minerva de poesía. Tres anos despois gañaría o II Premio de poesía Díaz Jácome (2012) e, a partir de aí, obtería mencións noutros certames coma o Xela Arias ou o Ánxel Casal. 2015 foi o ano máis importante para el canto a recoñecementos, pois en pouco tempo foi recoñecido con dous premios relevantes: o I Premio de relato breve Nélida Piñón do Concello de Cotobade, co relato «O vello e o minotauro» e o Premio nacional de poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos. Ten publicado poemas en revistas como Dorna ou Obituario Magazine. É autor da plaquette bilingüe de descarga gratuíta Spike-and-wave (Nanoediciones, 2014). No 2017 publica en inglés /\/\/\ dentro do proxecto poetrywillbemadebyall.com—dispoñible tanto para descarga gratuíta en internet como en formato impreso—e Ultramarino (Chan da Pólvora Editora, 2017). En 2018 colaborou na revista Ligeia.

Alba Cid (Ourense, 1989) é poeta e investigadora. Atlas (Galaxia, 2019), o seu primeiro poemario, foi galardoado co Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández 2020 que concede o Ministerio de Cultura. Os seus poemas traducíronse ao alemán, castelán, grego, inglés e portugués, e foron incluídos en Asymptote, Enfermaria 6, Kenyon Review, Oculta Lit, Poets.org, The Offing ou Words Without Borders. Coautora da plaquette artística A faia de Ponto. Le roi de la Galice e do Tesouro espeleolóxico galego (aCentral Folque, 2022), forma parte de proxectos interartísticos e ligados ao patrimonio inmaterial, coma Rupestre Sonoro. Foi colaboradora frecuente da Radio Galega e de diferentes revistas de creación e crítica; fotografa e ilustra ocasionalmente. Durante dous anos, encargouse do John Rutherford Centre for Galician Studies da Universidade de Oxford. Atende a etimoloxías, historia natural e prácticas culturais diversas.

Licenciado en Filoloxía Galega, no 2010, e doutor en Lingüística Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, impartiu docencia nas universidades de Santiago de Compostela e na Universitat Autònoma de Barcelona. Vive en Barcelona, traballa no sector editorial e é profesor do curso anual de poesía da Escola de Lletres de Tarragona. Os seus primeiros textos de creación viron a luz en revistas coma Dorna, Andar 21 ou Nova Ólisbos. En 2008 publicou unha colectánea de poemas na Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe baixo o título Escola do resentimento. Publicou varios libros de poemas. Pola súa obra, recibiu, entre outros, o Premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia (2010), o Premio da Asociación Española de Críticas Literarios (2015), o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández (2015) ou o Premio de Poesía Afundación (2018). Participou nos festivais internacionais de poesía de Córdoba (Arxentina), Ottawa (Canadá), Barcelona e Mallorca, entre outros. Ademais, traduce poesía galega contemporánea e é membro fundador da editora-libraría-espazo de creación Chan da Pólvora, con sede en Santiago de Compostela. Traballou no Instituto da Lingua Galega, e é membro das Redes Escarlata.

Noelia Gómez Calvo, nada en Rianxo o 6 de xaneiro de 1995, é unha xornalista e escritora galega. É graduada en Xornalismo e ten un mestrado en Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamento pola Universitat Pompeu Fabra. En 2015 gañou o Torneo de Poesía Recitada Ferve a Lingua. Forma parte da antoloxía poética No seu despregar (2016). Publicou en libros colectivos como 7 Relatos curtos contra a violencia de xénero (2015), Cultura que Une. Ribeira Sacra-Douro (2018); e en revistas como Madrygal ou Dorna. O xiro obtivo, en 2018, o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente. (Fotografía de Carlos Rei)

