
Noelia Gómez
Author · 1 book
Noelia Gómez Calvo, nada en Rianxo o 6 de xaneiro de 1995, é unha xornalista e escritora galega. É graduada en Xornalismo e ten un mestrado en Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamento pola Universitat Pompeu Fabra. En 2015 gañou o Torneo de Poesía Recitada Ferve a Lingua. Forma parte da antoloxía poética No seu despregar (2016). Publicou en libros colectivos como 7 Relatos curtos contra a violencia de xénero (2015), Cultura que Une. Ribeira Sacra-Douro (2018); e en revistas como Madrygal ou Dorna. O xiro obtivo, en 2018, o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente. (Fotografía de Carlos Rei)
