Margins
Lixeiro book cover
Lixeiro
2021
First Published
3.90
Average Rating
60
Number of Pages
«Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús... Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un animal miúdo sen saber moi ben onde vai, gozando de cada respiración na carreira. Velaquí o latexo dun corazón novo.
Avg Rating
3.90
Number of Ratings
144
5 STARS
29%
4 STARS
43%
3 STARS
20%
2 STARS
3%
1 STARS
4%
goodreads

Author

Ismael Ramos
Ismael Ramos
Author · 6 books
É autor do libro de contos A parte fácil (Xerais, 2023) e dos poemarios Lixeiro (Premio Nacional de Poesía Joven “Miguel Hernández”; Xerais, 2021), Lumes (Premio “Javier Morote” de Las Librerías Recomiendan; Apiario, 2017) e Os fillos da fame (Premio Johán Carballeira de Poesía; Xerais, 2016). Algúns dos seus libros foron traducidos para o catalán, castelán e portugués, e poemas seus viron a luz en revistas e antoloxías en linguas como o finés, o francés, o húngaro, o inglés ou o italiano. Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es.
548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved