Margins
Morgún book cover
Morgún
2004
First Published
3.08
Average Rating
158
Number of Pages
A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: "o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo." Morgún -aquel meniño aparecido na lagoa, onde moran as señoras da maxia, moi preto da Laxe do Sol e da Lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos- será o bravo guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán.
Avg Rating
3.08
Number of Ratings
26
5 STARS
12%
4 STARS
19%
3 STARS
42%
2 STARS
19%
1 STARS
8%
goodreads

Author

Suso de Toro
Suso de Toro
Author · 13 books

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego. O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor. É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas. En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria. Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved