Margins
O puño e a letra book cover
O puño e a letra
2018
First Published
3.52
Average Rating
112
Number of Pages

De la ficha del editor: Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego poderiamos traducir por «Cómic Poético».40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis salientables da escena galega. 40 textos seleccionados de entre os 25 anos de aventura literaria de Yolanda Castaño.Ilustradores: Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio, Fernando Iglesias «Kohell»

Avg Rating
3.52
Number of Ratings
27
5 STARS
15%
4 STARS
33%
3 STARS
41%
2 STARS
11%
1 STARS
0%
goodreads

Author

Yolanda Castaño
Yolanda Castaño
Author · 6 books

Yolanda Castaño Pereira, nada en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1977, é unha poetisa galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión. Yolanda Castaño trasladouse en 1990 á Coruña, onde rematou a carreira de Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer, na adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía menores até que, grazas ó Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995), contando 17 anos. Ademais deste galardón, foi merecedora do Premio Johán Carballeira polo seu terceiro poemario, Vivimos no ciclo das Erofanías, que tamén obtivo o Premio da Crítica Española en 1998. Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), formou parte do equipo directivo de Letras de Cal (unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos) e codirixiu, xunto a Olga Novo, a revista de artes Valdeleite. Yolanda está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, coa música ou co audiovisual. Así, publicou xunto ao pintor Antón Sobral o catálogo de pintura Venecia. O Vicio da Beleza (2000). Nese mesmo ano, e baixo o título Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun CD no que cantaba versións musicadas dos seus poemas. O libro da egoísta (2003) foi número un en vendas de libro galego durante varias semanas, colleitando ademais moi boas críticas. Ao fío deste poemario, dirixiu e produciu O video da egoísta, un videopoema que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual e que resultou gañador do festival de curtametraxes do Concello de Santiago de Compostela Curtocircuíto 2004 na sección de videocreación. Foi guionista, directora e presentadora na TVE-Galicia de Mercuria, un programa sobre vangardas artísticas galegas que a levou a ser nomeada pola Academia Galega do Audiovisual na categoría "Mellor Comunicador de TV" en 2004, galardón que obtivo finalmente en 2005. En colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña desenvolve desde 2009 o ciclo Poetas Di(n)versos, con recitais conxunto de poetas galegos e de outras linguas. Polémica con Aduaneiros O 16 de outubro de 2007 foi protagonista dunha polémica co blogue de humor gráfico galego Aduaneiros sem fronteiras. Yolanda Castaño tíñase solidarizado con Isaac Díaz Pardo pola súa marcha de Sargadelos. Pouco despois aceptou un posto na Coruña traballando para Sargadelos. Tras a solicitude do avogado da autora para que a páxina retirase un deseño nomeado Tu quoque Iolanda? e os comentarios con palabras malsoantes a xeito de insulto (segundo a propia poeta, "uns 4 ou 5, [...] dos 80 e pico comentarios") os responsábeis da páxina decidiron pechala antes de cumpriren coa solicitude e como protesta por non poder facer autocrítica do país. Ten participado en volumes colectivos como o libro con CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), así como en Alguén agarda que volva alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003), no Catálogo do Primeiro Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior (2003), no de Camiño de Santiago. Luz e vida (2003) e en Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2004). Tamén aparece a súa obra nas antoloxías Para saír do século. Nova proposta poética (Xerais, 1997), Mulher a facer vento (Tema, Lisboa, 1998), Río de son e vento (Xerais, 1999), dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999), Novas voces da poesía galega. Recital (Culturagalega.org, 2000), 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002), Elas. (2004) ou Das sonorosas cordas (Eneida, 2005), así como nas estatais Milenio (SIAL, 1999), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesí

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved