Margins
Os fillos da fame book cover
Os fillos da fame
2016
First Published
4.33
Average Rating
49
Number of Pages

Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes «el camaleón, el camaleón» no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo. A verdadeira poesía crea territorios. Habítaos. Ismael Ramos, ese rapaz da montaña a quen ensinaron a estar só, hai xa anos que se apropiou do territorio da ferida, pero agora demostra, como moi poucos na poesía galega actual, que tamén sabe construír novas paisaxes, modificar xeografías. Premio Johán Carballeira de Poesía, 2015

Avg Rating
4.33
Number of Ratings
36
5 STARS
56%
4 STARS
31%
3 STARS
8%
2 STARS
3%
1 STARS
3%
goodreads

Author

Ismael Ramos
Ismael Ramos
Author · 6 books
É autor do libro de contos A parte fácil (Xerais, 2023) e dos poemarios Lixeiro (Premio Nacional de Poesía Joven “Miguel Hernández”; Xerais, 2021), Lumes (Premio “Javier Morote” de Las Librerías Recomiendan; Apiario, 2017) e Os fillos da fame (Premio Johán Carballeira de Poesía; Xerais, 2016). Algúns dos seus libros foron traducidos para o catalán, castelán e portugués, e poemas seus viron a luz en revistas e antoloxías en linguas como o finés, o francés, o húngaro, o inglés ou o italiano. Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es.
548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved