
Casares achégase a unha das figuras máis importantes da cultura galega de todos os tempos. Esta biografía traza os itinerarios vitais e creadores de Otero Pedrayo con liñas espidas e nidias. Trátase dun libro escrito con claridade que convida a mergullarnos na prosa impetuosa, vibrante, espontánea e improvisada de don Ramón.
Author

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.