Margins
Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia book cover
Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia
1991
First Published
188
Number of Pages

Unha biografía escrita por Carlos Casares pouco despois da morte de Ramón Piñeiro, merecedora do V Premio Ánxel Fole no ano 1991. Carlos Casares escribiu esta biografía ao pouco tempo do pasamento de Piñeiro. A amizade e a estreita relación intelectual entre ambos os dous, de case trinta anos de duración, foi, en palabras do novelista, "un dos acontecementos máis importantes e decisivos da miña vida". Casares relata con amenidade as vicisitudes da traxectoria vital de Ramón Piñeiro e achéganos ao pensamento dun home fundamental para entender a recente historia de Galicia.

Author

Carlos Casares
Carlos Casares
Author · 12 books

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2025 Paratext Inc. All rights reserved