Margins
Tic Tac book cover
Tic Tac
1993
First Published
3.70
Average Rating
298
Number of Pages
Un home fala e fala e fala. O que nos conta, con palabras torpes e frases áxiles, fainos rir, mais é tremendamente serio e triste. Un libro paradóxico e extraño coma o delirio dun idiota, ousado e implacable coma unha prédica calvinista, desesperado e sincero coma as últimas palabras dun condenado e inútil coma un libro de oracións. Múltiples historias, personaxes, linguaxes, rexistros literarios... Un mundo fragmentado, caótico e roto pero cunha trama subterránea cerrada e fatal coma a da traxedia. A madurez e o froito da aventura literaria emprendida por Suso de Toro hai anos. Un libro poderoso e fecundo para disfrutar lendo, relendo, e que dará moito que falar.
Avg Rating
3.70
Number of Ratings
57
5 STARS
32%
4 STARS
26%
3 STARS
28%
2 STARS
9%
1 STARS
5%
goodreads

Author

Suso de Toro
Suso de Toro
Author · 13 books

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego. O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor. É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas. En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria. Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved