Margins
Tráiler book cover
Tráiler
1991
First Published
4.00
Average Rating
220
Number of Pages
Tráiler é unha obra plural, ateigada de puntos de vista e voces narradoras, cheas de tipos do asunto, tipos da estrada. (El Correo Gallego, Santiago). Tráiler mergúllanos no mundo actual sentimos as presas ilóxicas, a anguria e agresividade, a importante presencia das comunicacións. E ó carón atopamos o home inamovible tradicional, cos seus costumes e valores de sempre. (C. Ríos Panisse, Grial,Vigo). Tráiler é, ó meu entender, a novela máis conseguida dos últimos decenios en lingua galega. [...] Pepe afonda no individuo concreto, Xenaro na relación de parella e Lino no sentido do clan, da familia e do sangue. [...] Sexo, perigo e un final desengañado, sería un guión estupendo para unha road movie europea. (A. R. López-Vázouez, Reseña de Literatura, Arte y Espectáculos, Madrid). De Tráiler sigo pensando que é unha das mellores novelas da narrativa galega actual. Nela descubrín un escritor veraz, honesto e sen amariconamentos de poeta feble. (Byron, Sete Días, Santiago).
Avg Rating
4.00
Number of Ratings
6
5 STARS
17%
4 STARS
67%
3 STARS
17%
2 STARS
0%
1 STARS
0%
goodreads

Author

Fran Alonso
Fran Alonso
Author · 4 books

FRAN ALONSO (Vigo, 1963) é escritor, xornalista e editor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou o seu percorrido laboral no ámbito do xornalismo, no Diario 16 de Galicia, e na actualidade exerce como Subdirector para a Edición Xeral en Xerais. É Máster en Promoción da Lectura e Literatura Infantil (2001-2003) pola UCLM e é un dos membros fundadores da asociación Espazo Lectura. Entre 2006 e 2010, ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editores. Tamén foi membro da directiva do Pen Club de Galicia. Durante varios anos colaborou semanalmente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia e posteriormente nas páxinas de cultura do diario El País. Durante dez anos, mantivo unha columna no semanario A Nosa Terra e na actualidade colabora no xornal dixital Praza Pública e anima o seu blog Cabrafanada, a súa conta de twitter e a súa páxina de Facebook. Como escritor, publicou arredor de 30 títulos e concedéronselle premios como o Blanco Amor de Novela, o Losada Diéguez á mellor obra literaria de 1998, o Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil ao mellor libro do ano, a distinción White Ravens da Biblioteca Internacional de Múnic, o Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvnil do ano… A súa obra abarca a narrativa, a poesía, a literatura electrónica, a literatura infantil e xuvenil e o xornalismo. Autor de máis de vinte e cinco títulos, como narrador publicou Tráiler (1991), Cemiterio de elefantes (1994), Silencio (1995), Males de cabeza (2001), Cartas de amor (2006), Ninguén (2011) e A punta de pistola (2013). Como poeta deu á luz Persianas, pedramol e outros nervios (1992), un libro considerado pola crítica como un dos referentes fundacionais da poesía dos 90; Tortillas para os obreiros (1996); Cidades (1997); Subversións (2001), Balada solitaria (2004), Transición (2011); Poétic@ (2015), un libro de literatura electrónica en Internet que aborda a poesía dixital e transmedia, explorando as posibilidades expresivas das novas tecnoloxías na creación literaria a través dun discurso ácido e corrosivo sobre a propia poesía e os seus mitos e tópicos; e Terraza (2017) Tamén é autor de Poetízate (2006), unha divertida e desenfadada antoloxía da poesía galega, da que se publicaron 13 edicións. No ámbito da literatura infantil tamén abarca o xénero da narrativa e da poesía. En narrativa publicou a novela O brillo dos elefantes (1999) e o libro de relatos Contos nerviosos (2016). Na poesía publicou Cidades (1996), O meu gato é un poeta (2011), que se prolonga en una web y en un CD en el que recita acompañado del músico Xurxo Souto; e Poemas birollos para ler cos ollos (2016), poesía visual e oral que inclúe un videoxogo web sobre un dos poemas. Como xornalista publicou a crónica de literatura periodística Territorio ocupado (1998), sobre o conflicto saharuí; o libro de entrevisas Un país a medio facer (2008), que intenta de trazar unha liña na evolución da cultura galega nos últimos vinte anos; e tamén Contesta ou disparo (2011), un libro dixital de entrevistas frescas e curtas con personalidades da cultura galega, realizadas arredor de 1990. Tamén é autor do texto biográfico «A voz que vén da seitura», sobre a vida da Señora Carmen, incluído no seu libro-disco-DVD A flor dos meus anos (PAI Música, 2007), así como da entrevista que se publicou no DVD. Así mesmo, abordou a biografía en A vida secreta de María Mariño (2007) e Folerpas de Novoneyra (2010). Para primeiros lectores, é autor do álbums ilustrados A casa da duna (2002) e A araña e mais eu (2009) realizado en colaboración co fotógrafo Manuel G. Vicente. O volume mixto A lúa no probador (1992) recolle os seus primeiros relatos e poemas. Por outra banda, é coautor da tradución do francés ao galego de Polgariño (1995), de Charles Perrault; e autor da versión ao galego de A historia sorprendente dun homiño moi valente, de Hans Traxler. Así mesmo, promoveu, coordinou o libro Mini.rela

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved