Margins
Un animal chamado néboa book cover
Un animal chamado néboa
2015
First Published
4.01
Average Rating
197
Number of Pages

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir. "Un animal chamado néboa" é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.

Avg Rating
4.01
Number of Ratings
152
5 STARS
36%
4 STARS
37%
3 STARS
20%
2 STARS
5%
1 STARS
1%
goodreads

Author

Ledicia Costas
Ledicia Costas
Author · 24 books

Ledicia Costas es una escritora gallega. Estudió en el instituto de Beade (Vigo) y publicó varios libros como Esmeraldina, a pequena defunta. Empezó a escribir con 12-13 años y tanto le gustó que siguió escribiendo. Su primera publicación fue la novela Unha estrela no vento en 1999. En 2015 obtuvo el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por Escarlatina, a cociñeira defunta, obra en la que hace gala la tradición gallega de la muerte, con gran sentido del humor. Unos meses después gana el Premio Lazarillo 2015 por su obra Verne y la vida secreta de las mujeres planta, publicada por la editorial Anaya, donde hace un homenaje al autor de los libros de aventuras.

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved