A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man. A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma. Xela Arias foi precursora e un auténtico referente para xeracións de autoras galegas.