Margins
25 anos de poesía galega (1975-2000) III book cover
25 anos de poesía galega (1975-2000) III
2002
First Published
4.00
Average Rating
249
Number of Pages

Part of Series

Avg Rating
4.00
Number of Ratings
6
5 STARS
33%
4 STARS
33%
3 STARS
33%
2 STARS
0%
1 STARS
0%
goodreads

Authors

Luisa Castro
Author · 9 books
Luisa Castro Legazpi nació en Foz (Lugo, España) en 1966. Es escritora y columnista en lenguas gallega y castellana.
María Lado
María Lado
Author · 5 books

María Lado (Cee, 1979) é autora de cinco títulos de poesía: A primeira visión (1997), casa atlántica, casa cabaret (Xerais, 2001), berlín (2005), nove (2008) e Amantes (2011). Publicou tamén o álbum infantil Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014). Poemas seus aparecen recollidos en ducias de libros colectivos e forman parte de diversas antoloxías. O seu interese polo recital poético levouna a formar parte de diferentes proxectos que exploran distintas fórmulas para o achegamento da poesía ao público maioritario. Seguindo esta idea, foi unha das fundadoras do colectivo Poetas da Hostia, creadores dos recitais-combate A hostia en verso, a poxa de poetas Vendo a miña alma e o exercicio de escrita en directo O seu poema, grazas. En colaboración coa Casa da Esquina (Coimbra) estreou o espectáculo Nove, baseado no poemario homónimo e dirixido por Ricardo Correia. Mantén dende hai dez anos varios espectáculos coa poeta Lucía Aldao, dos que salienta Onde estea un cubata que se quite un soneto, Moita poesía pouca diversión, Con dez poemas por barba ou After.

Lupe Gomez
Lupe Gomez
Author · 7 books
Lupe Gómez was born in Fisteus, Galicia in 1972 and currently lives in Santiago de Compostela. Her first book of poems, Pornography, published in the mid 1990s, sent a ripple of surprise and protest through Galician literature for its bold exploration of women’s bodies and sexuality. It was translated into English by Rebeca Lema and Erín Moure, and published in Germany in 2013 in an extensive volume on her work entitled Libre e estranxeira—Estudos e traducións. Camouflage (Chan da Pólvora, 2017) is her 15th book, and is in its third printing in Galicia. It received the prestigious Spanish Critics’ Prize for 2018 for poetry in Galician and the 2018 Gala do Libro Galego Prize for poetry. Camouflage and Pornography will both appear in Spanish (Castilian) translation in 2019. Besides devoting herself to poetry, Gómez is a journalist and theater critic, and a liturgical reader in the cathedral of Santiago. Her work will soon be put to music by acclaimed musician and singer Amancio Prada.
Henrique Rabuñal
Henrique Rabuñal
Author · 1 book

Escritor e profesor. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (1986) pola USC e Diplomado en Lingua Portuguesa pola Universidade de Coimbra. Graduouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na USC coa memoria de licenciatura A xeración escolar. Notas para a historia do teatro galego (1989, mención especial no I Certame Carvalho Calero na modalidade de investigación en 1990) e doutorouse coa tese Textos e contextos do teatro galego (1671-1936) (1994). É catedrático de lingua e literatura galegas con destino no IES "Agra do Orzán" da Coruña logo de exercer nos Institutos de Foz, Salvador de Madariaga, Manuel Murguía, Paseo das Pontes e Rafael Dieste. Alén da súa obra individual colabora en 100 obras colectivas, sendo autor de máis de 500 escritos, case un cento de asunto teatral. Na actualidade colabora en diversos medios escritos, electrónicos e audiovisuais como Radio Coruña-SER (Vivir en A Coruña, Hoy por Hoy A Coruña, La ventana de A Coruña), La Voz de Galicia, El Ideal Gallego (entre 1985 e 1987 escribe a sección "Palabras" no suplemento Cataventos), La Opinión (A Coruña), Casahamlet, Escrita contemporánea ou Grial participando nos monográficos da revista Raigame dedicados a Murguía (nº 10, 2000), Sarmiento (nº 15, 2002) e Lugrís Freire (nº 23, 2006). Entre 2009 e 2011 publicou a columna "Vento de seda" no Xornal de Galicia e en xornal.com. Tamén colaborou no programa "El observatorio" de Localia Coruña TV (2004-2005). Intervén en congresos e encontros da súa especialidade, ofrece recitais poéticos, pronuncia conferencias en diversas universidades e centros culturais de España, Europa e América e participa activamente na vida cultural galega. Pertenceu ao grupo de sociolingüística Iruinean Sortua liderado por Lluis V. Aracil, ao Consello Directivo da AGAL, ao Consello Directivo da AELG, foi redactor da revista Agália, director do programa de radio Quinta-Feira, coordinador do Certame de Narrativa "Manuel Murguía" e profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC. Formou parte do comité organizador da "Homenaxe a Méndez Ferrín" (USC, A Coruña, 1984), do "II Encontro de Escritores Galegos" (Pazo de Mariñán, 2004), do "Simposio Lugrís Freire" (UDC, AS-PG, A Coruña, 2006) e en 2007 promove con outros intelectuais unha Homenaxe Nacional a Francisco Pillado. É socio de Cedro. En 2009 crea o blog O cristal da sede (http://www.ocristaldasede.blogspot.com/). En 2012 creou o seu novo blog http://henriquerabunhal.blogaliza.org/. Foi membro dos xurados do Premio de Teatro Breve da EDG, do Concurso Nacional de Poesía do Facho, do Premio Blanco Amor de Novela, do Certame de Narracións Breves "Modesto R. Figueirido", dos Premios Ricardo Carvalho Calero, do Premio de Poesía Miguel González Garcés, do Premio de Narrativa Repsol IPF, do Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía" ou dos Premios María Casares de Teatro. En 2008 traduce ao galego os materiais do Proxecto medioambiental Paisaxe elaborado polo Proxectoterra do COAG e a obra Social da Fundación "la Caixa" como o libro Paisaxe (Barcelona, 2008) supervisando lingüísticamente diversos materiais do proxecto (Antón de Soutolagoa descobre o seu mundo, Descubrindo onde vivimos, Movéndonos no territorio). Nos anos 80 comeza a súa actividade literaria participando no I Ciclo de Poesia Edral e editando diversos poemas, relatos e pezas teatrais en Luzes de Galiza (como no nº 21, 1993, dedicado a Avilés de Taramancos), Agália, Nós, Cadernos do Povo, O Ensino, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Anto (Amarante), O Correo Galego, Renovação, La Barandilla (en 1983 recibe o I premio de poesía La Barandilla en galego), Azgail, Habitantes do Lago, Nau senlheira, V Festival de Poesia no Condado, Olláparo, El Mundo, Çopyright, Enclave, Bravú, A Rua, Nova Renascença, Bolboreta, Revista San Xoán, Constantinopla, Guía dos Libros Novos, Madrygal, etc. Desde 1999 é colaborador de Radio Coruña e tamén escribe no servidor de internet e no teletexto da CR

Fran Alonso
Fran Alonso
Author · 4 books

FRAN ALONSO (Vigo, 1963) é escritor, xornalista e editor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou o seu percorrido laboral no ámbito do xornalismo, no Diario 16 de Galicia, e na actualidade exerce como Subdirector para a Edición Xeral en Xerais. É Máster en Promoción da Lectura e Literatura Infantil (2001-2003) pola UCLM e é un dos membros fundadores da asociación Espazo Lectura. Entre 2006 e 2010, ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editores. Tamén foi membro da directiva do Pen Club de Galicia. Durante varios anos colaborou semanalmente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia e posteriormente nas páxinas de cultura do diario El País. Durante dez anos, mantivo unha columna no semanario A Nosa Terra e na actualidade colabora no xornal dixital Praza Pública e anima o seu blog Cabrafanada, a súa conta de twitter e a súa páxina de Facebook. Como escritor, publicou arredor de 30 títulos e concedéronselle premios como o Blanco Amor de Novela, o Losada Diéguez á mellor obra literaria de 1998, o Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil ao mellor libro do ano, a distinción White Ravens da Biblioteca Internacional de Múnic, o Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvnil do ano… A súa obra abarca a narrativa, a poesía, a literatura electrónica, a literatura infantil e xuvenil e o xornalismo. Autor de máis de vinte e cinco títulos, como narrador publicou Tráiler (1991), Cemiterio de elefantes (1994), Silencio (1995), Males de cabeza (2001), Cartas de amor (2006), Ninguén (2011) e A punta de pistola (2013). Como poeta deu á luz Persianas, pedramol e outros nervios (1992), un libro considerado pola crítica como un dos referentes fundacionais da poesía dos 90; Tortillas para os obreiros (1996); Cidades (1997); Subversións (2001), Balada solitaria (2004), Transición (2011); Poétic@ (2015), un libro de literatura electrónica en Internet que aborda a poesía dixital e transmedia, explorando as posibilidades expresivas das novas tecnoloxías na creación literaria a través dun discurso ácido e corrosivo sobre a propia poesía e os seus mitos e tópicos; e Terraza (2017) Tamén é autor de Poetízate (2006), unha divertida e desenfadada antoloxía da poesía galega, da que se publicaron 13 edicións. No ámbito da literatura infantil tamén abarca o xénero da narrativa e da poesía. En narrativa publicou a novela O brillo dos elefantes (1999) e o libro de relatos Contos nerviosos (2016). Na poesía publicou Cidades (1996), O meu gato é un poeta (2011), que se prolonga en una web y en un CD en el que recita acompañado del músico Xurxo Souto; e Poemas birollos para ler cos ollos (2016), poesía visual e oral que inclúe un videoxogo web sobre un dos poemas. Como xornalista publicou a crónica de literatura periodística Territorio ocupado (1998), sobre o conflicto saharuí; o libro de entrevisas Un país a medio facer (2008), que intenta de trazar unha liña na evolución da cultura galega nos últimos vinte anos; e tamén Contesta ou disparo (2011), un libro dixital de entrevistas frescas e curtas con personalidades da cultura galega, realizadas arredor de 1990. Tamén é autor do texto biográfico «A voz que vén da seitura», sobre a vida da Señora Carmen, incluído no seu libro-disco-DVD A flor dos meus anos (PAI Música, 2007), así como da entrevista que se publicou no DVD. Así mesmo, abordou a biografía en A vida secreta de María Mariño (2007) e Folerpas de Novoneyra (2010). Para primeiros lectores, é autor do álbums ilustrados A casa da duna (2002) e A araña e mais eu (2009) realizado en colaboración co fotógrafo Manuel G. Vicente. O volume mixto A lúa no probador (1992) recolle os seus primeiros relatos e poemas. Por outra banda, é coautor da tradución do francés ao galego de Polgariño (1995), de Charles Perrault; e autor da versión ao galego de A historia sorprendente dun homiño moi valente, de Hans Traxler. Así mesmo, promoveu, coordinou o libro Mini.rela

Xela Arias
Xela Arias
Author · 3 books
Xela Arias Castaño veu ao mundo no ano 1962 en Lugo, embora pasase a maior parte da súa vida en Vigo, cidade en que realizou os estudos de Filoloxía Hispánica e onde morreu o 2 de Novembro de 2003. Vinculada a Xerais desde o nacemento da editorial en 1979, estreouse no mundo literario con Denuncia do equilibrio (1986), poemario innovador co que foi finalista do Premio Losada Diéguez. En 1990 publicou, en colaboración co seu marido e fotógrafo Xulio Gil, Tigres coma cabalos, obra de grande repercusión en que se mesturan poemas e espidos da autora. O libro trasmítenos unha mensaxe a prol da sinceridade e da procura dos sentimentos máis básicos. En Darío a diario (1996) a poeta ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia maternal. O seu derradeiro poemario, Intempériome, foi editado o mesmo ano da súa desaparición por Miguel Anxo Fernán Vello. A súa obra poética tamén se deu a coñecer en libros colectivos como Palabra de muller (1992) ou Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas. Alén da súa tarefa poética, Xela Arias dedicouse á tradución para a nosa lingua de diversos autores como Joyce, Fehnimore Cooper e Fernández Flórez. Escribiu varios relatos, algúns deles incluídos na obra Contos eróticos/elas (1990). Foi finalista do Premio Esquío de Poesía (1986) con Lili sen pistolas, obra que aínda permanece inédita.
Emma Pedreira
Emma Pedreira
Author · 14 books

Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90. En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros". En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres".

Marta Dacosta
Marta Dacosta
Author · 3 books

Son filla da clase obreira viguesa, un peón de Citroen e unha alestidora de palangres que deixaría o seu traballo para coidar da nena que ía vir. Así nacín eu un San Miguel de 1966 en Vigo. Meus pais abandonaron o colexio con nove anos e da súa infancia lembran as penurias e a fame do tempo da posquerra. Aínda así transmitíronme o desexo do coñecemento e o amor pola arte. Da miña nai herdei o gusto por cantar e do meu pai os primeiros libros publicados por Galaxia nos anos 50: Castelao, Rosalía ... que eu lía con dez anos, recuperándoos dos ratos e a humidade. E pouco a pouco me fun facendo consciente de que a miña lingua era outra. Para min é como un misterio. Aprendéronme a falar en castelán, miña nai nunca falou galego, diso encargáronse as mestras formadas na sección feminina, e meu pai fálao dun xeito completamente deturpado, irrecoñecíbel, o castrapo propio dun habitante dos arredores da cidade. Aínda así, non tiña nove anos cando escribín dúas páxinas de teatro en galego. Gárdaas meu pai, como se fose un incunábel. Como querían o mellor para min leváronme a un colexio de monxas: as Carmelitas, gracias a iso, en parte, cultivei o meu rexeitamento á relixión e á clase eclesiástica. Logo conseguín matricularme nun centro público, no Instituto Santo Tomé de Freixeiro e alí comecei participar en concursos literarios. Por esas datas seica se estaba a producir en Vigo a "Movida Viguesa", pero eu, como a meirande parte das miñas compañeiras e compañeiros era allea a esa movida cultural, pouco galega. Entrei en contacto con ela catro anos máis tarde, no Colexio Universitario, onde coñecín a algúns debuxantes que se esforzaban en sacar adiante fanzines que morrían por falta de apoios. Pero xa non quedaba nada dela. Contra ela, precisamente, realizariamos o primeiro recital no ano 1987. Chegaba abril e un compañeiro que colaboraba con Radio Ecca propúxonos a posibilidade de realizar un recital. Así comezamos a elaborar un manifesto e unha tarde baixo o título de "Na cidade espida" recitamos ante unha sala ateigada de compañeiros e compañeiras de facultade e público diverso. Eramos catro, un deles Fran Alonso, compañeiro de estudios que seguiría adicándose ao oficio de escribir. En 1989 rematei a licenciatura en Filoloxía, na subsección, daquela, de Galego-Portugués. Deses anos lembro especialmente a miña participación no Grupo de Teatro de Galego, onde fixen amizade con Roberto Salgueiro, Pablo Rodriguez, Artur Trillo ou Isabel Vaquero. Representamos o Don Hamlet de Cunqueiro no Teatro Principal, con ameaza de bomba incluída. Rematada a carreira comecei traballar como docente de inmediato: Compostela, Sarria, Curtis, Negreira ... Tomiño. Nestes anos entrei na UTEG, chegando ser liberada sindical desta organización, o que me permitiu vivir de preto o proceso de unificación que daría nacemento á CIG, onde sigo traballando activamente. Son os anos en que comezo facer públicos os meus escritos, primeiro en revistas: Congostra, Olisbos, o xornal A Peneira, onde obtería o meu primeiro premio, Lúa, da Asociación Cultural Rosalía Castro de Cornellá, con ocasión de ter gañado o 3º premio Rosalía Castro ... En 1994 sae á luz o primeiro libro: Crear o mar en Compostela, premio de poesía O Grelo, a partir de aquí virían outros premios e outros libros: Pel de ameixa, González Garcés 1995, Setembro, Martín Códax 1998, En atalaia alerta, accésit do Esquío 1999. Durante eses anos, 1987-1998, vivín en Compostela, onde coñecín a moitos dos poetas da miña promoción: Rafa e Miro Villar, Paco Souto, cos que mantiven relación desde moi cedo e, máis tarde, Eduardo Estévez, Estevo Creus ...Con eles colaborei para levar adiante distintas empresas, a máis ambiciosa e a máis recente Letras de Cal, onde entramos a participar 18 escritores para publicar obra inédita dos máis novos. Nestes anos composteláns participamos activamente en recitais, quixemos compartir e difundir a poesía, e o primeiro grande froito deste labor foi o co

Olga Novo
Olga Novo
Author · 4 books

Olga Novo (1975 in Vilarmao, A Pobra do Brollón) is a Galician poet and essayist. She studied Galcian Philology at the University of Santiago de Compostela and was a high school teacher in several Galician centres, and a Galician literature professor at the University of Southern Brittany, in Lorient. She has published her works and essays in several publications (Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Xistral, El País, ABC…).

Antón Dobao
Antón Dobao
Author · 1 book

Antón Dobao naceu en Lugo o 16 de xullo de 1963. Licenciado en Filoloxía Galega, é escritor, guionista e director. Na TVG, traballa como Asesor Lingüista e dirixe o proxecto de ficción audiovisual Un Mundo de Historias, do que tamén é creador. Entre os anos 1995 e 200 foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Dispensou a materia Libro de Estilo. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Membro fundador do PEN Club de Galicia. É membro do Comité de Redacción da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro desde a súa fundación. É membro do Consello de Redacción da revista Cadernos de Lingua, da RAG. En narrativa ten publicado ``Incertos´´ (Xerais 2008), en poesía ``Desde o teito da noite´´ (Xerais 1987), ``Caderno dos dereitos e das horas´´ (Deputación da Coruña, 1994), ``O tempo entre murallas´´ (Xerais 1997), ``Materia´´ (Xerais 2005), ``Onde o ollar comeza a doer´´ (Sotelo Blanco, 2007) e participou no libro poético colectivo ``Xuro que nunca volverei pasar fame´´( editado pola Asociación Redes Escarlata. No campo da tradución ``A granxa dos animais (Animal Farm)´´, de George Orwell, en Edicións Positivas, ``O vaso de prata (El vas de plata)´´, de Antoni Marí, en Sotelo Blanco, ``Nove Contos (Nine Stories)´´, de J. D. Salinger, en Sotelo Blanco, ``Mr. Vertigo´´, de Paul Auster, en Sotelo Blanco, ``Ferros e ameixas (Ferros i prunes)´´, de Carles Bellsolà, poesía, en Edicións Xerais e ``Se comes un limón sen facer xestos (Si menges una llimona sense fer ganyotes)´´de Sergi Pàmies, Edicións Xerais. É creador e director do proxecto de ficción audiovisual da TVG ``Un Mundo de Historias´´, consistente nos seguintes produtos: Un Mundo de Historias (miniserie de 7 episodios, da que foi director e guionista), baseada en relatos de Castelao, Rafael Dieste, X.L. Méndez Ferrín, Ánxel Fole, Eduardo Blanco-Amor, Carlos Casares e Ramón Otero Pedrayo.``A biblioteca da iguana´´ (director e guionista), baseada no relato homónimo de Xosé Miranda (2005). ``O bosque de Levas´´ (director e guionista), baseada na novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo (2006).``A mariñeira´´ (director e guionista), baseada no relato “A Mariñeira de Quilmas”, deDarío Xohán Cabana. (2007). Premio do Houston International Film Festival 2008 e Premio Mestre Mateo 2008 á Mellor Película para Televisión. ``O Club da Calceta´´ (director e guionista), baseado na novela homónima de María Reimóndez. (2008), Grande Prémio do Festival Internacioinal de Cinema FamaFest2009, Finalista do Europa Prix 2009. ``Sinbad´´ (director e guionista), longametraxe baseada na novela de Álvaro Cunqueiro Se o vello Sinbad volvese ás illas… (2011). Ten publicados diversos traballos sobre lingua, sociolingüística e cuestións culturais esociopolíticas en diferentes publicacións periódicas de Galicia

Yolanda Castaño
Yolanda Castaño
Author · 6 books

Yolanda Castaño Pereira, nada en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1977, é unha poetisa galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión. Yolanda Castaño trasladouse en 1990 á Coruña, onde rematou a carreira de Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer, na adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía menores até que, grazas ó Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995), contando 17 anos. Ademais deste galardón, foi merecedora do Premio Johán Carballeira polo seu terceiro poemario, Vivimos no ciclo das Erofanías, que tamén obtivo o Premio da Crítica Española en 1998. Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), formou parte do equipo directivo de Letras de Cal (unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos) e codirixiu, xunto a Olga Novo, a revista de artes Valdeleite. Yolanda está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, coa música ou co audiovisual. Así, publicou xunto ao pintor Antón Sobral o catálogo de pintura Venecia. O Vicio da Beleza (2000). Nese mesmo ano, e baixo o título Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun CD no que cantaba versións musicadas dos seus poemas. O libro da egoísta (2003) foi número un en vendas de libro galego durante varias semanas, colleitando ademais moi boas críticas. Ao fío deste poemario, dirixiu e produciu O video da egoísta, un videopoema que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual e que resultou gañador do festival de curtametraxes do Concello de Santiago de Compostela Curtocircuíto 2004 na sección de videocreación. Foi guionista, directora e presentadora na TVE-Galicia de Mercuria, un programa sobre vangardas artísticas galegas que a levou a ser nomeada pola Academia Galega do Audiovisual na categoría "Mellor Comunicador de TV" en 2004, galardón que obtivo finalmente en 2005. En colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña desenvolve desde 2009 o ciclo Poetas Di(n)versos, con recitais conxunto de poetas galegos e de outras linguas. Polémica con Aduaneiros O 16 de outubro de 2007 foi protagonista dunha polémica co blogue de humor gráfico galego Aduaneiros sem fronteiras. Yolanda Castaño tíñase solidarizado con Isaac Díaz Pardo pola súa marcha de Sargadelos. Pouco despois aceptou un posto na Coruña traballando para Sargadelos. Tras a solicitude do avogado da autora para que a páxina retirase un deseño nomeado Tu quoque Iolanda? e os comentarios con palabras malsoantes a xeito de insulto (segundo a propia poeta, "uns 4 ou 5, [...] dos 80 e pico comentarios") os responsábeis da páxina decidiron pechala antes de cumpriren coa solicitude e como protesta por non poder facer autocrítica do país. Ten participado en volumes colectivos como o libro con CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), así como en Alguén agarda que volva alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003), no Catálogo do Primeiro Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior (2003), no de Camiño de Santiago. Luz e vida (2003) e en Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2004). Tamén aparece a súa obra nas antoloxías Para saír do século. Nova proposta poética (Xerais, 1997), Mulher a facer vento (Tema, Lisboa, 1998), Río de son e vento (Xerais, 1999), dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999), Novas voces da poesía galega. Recital (Culturagalega.org, 2000), 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002), Elas. (2004) ou Das sonorosas cordas (Eneida, 2005), así como nas estatais Milenio (SIAL, 1999), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesí

Carlos Negro
Carlos Negro
Author · 2 books
Profesor de Lingua e Literatura Galega no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro); autor de textos poéticos como as laranxas de alí babá, Far-west, Héleris, Cultivos transxénicos, Makinaria e Penúltimas tendencias ou tamén de Abelcebú, un dicionario de carácter satírico. Actualmente, forma parte dos consellos directivos da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) e da CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) e colabora, con artigos de opinión, nos xornais dixitais Praza Pública e Sermos Galiza.
Lino Braxe
Lino Braxe
Author · 1 book
Lino Braxe Mandiá, nado en Mugardos o 18 de xuño de 1962, é un actor, director de teatro e escritor galego.
548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved