
Escritor e profesor. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (1986) pola USC e Diplomado en Lingua Portuguesa pola Universidade de Coimbra. Graduouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na USC coa memoria de licenciatura A xeración escolar. Notas para a historia do teatro galego (1989, mención especial no I Certame Carvalho Calero na modalidade de investigación en 1990) e doutorouse coa tese Textos e contextos do teatro galego (1671-1936) (1994). É catedrático de lingua e literatura galegas con destino no IES "Agra do Orzán" da Coruña logo de exercer nos Institutos de Foz, Salvador de Madariaga, Manuel Murguía, Paseo das Pontes e Rafael Dieste. Alén da súa obra individual colabora en 100 obras colectivas, sendo autor de máis de 500 escritos, case un cento de asunto teatral. Na actualidade colabora en diversos medios escritos, electrónicos e audiovisuais como Radio Coruña-SER (Vivir en A Coruña, Hoy por Hoy A Coruña, La ventana de A Coruña), La Voz de Galicia, El Ideal Gallego (entre 1985 e 1987 escribe a sección "Palabras" no suplemento Cataventos), La Opinión (A Coruña), Casahamlet, Escrita contemporánea ou Grial participando nos monográficos da revista Raigame dedicados a Murguía (nº 10, 2000), Sarmiento (nº 15, 2002) e Lugrís Freire (nº 23, 2006). Entre 2009 e 2011 publicou a columna "Vento de seda" no Xornal de Galicia e en xornal.com. Tamén colaborou no programa "El observatorio" de Localia Coruña TV (2004-2005). Intervén en congresos e encontros da súa especialidade, ofrece recitais poéticos, pronuncia conferencias en diversas universidades e centros culturais de España, Europa e América e participa activamente na vida cultural galega. Pertenceu ao grupo de sociolingüística Iruinean Sortua liderado por Lluis V. Aracil, ao Consello Directivo da AGAL, ao Consello Directivo da AELG, foi redactor da revista Agália, director do programa de radio Quinta-Feira, coordinador do Certame de Narrativa "Manuel Murguía" e profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC. Formou parte do comité organizador da "Homenaxe a Méndez Ferrín" (USC, A Coruña, 1984), do "II Encontro de Escritores Galegos" (Pazo de Mariñán, 2004), do "Simposio Lugrís Freire" (UDC, AS-PG, A Coruña, 2006) e en 2007 promove con outros intelectuais unha Homenaxe Nacional a Francisco Pillado. É socio de Cedro. En 2009 crea o blog O cristal da sede (http://www.ocristaldasede.blogspot.com/). En 2012 creou o seu novo blog http://henriquerabunhal.blogaliza.org/. Foi membro dos xurados do Premio de Teatro Breve da EDG, do Concurso Nacional de Poesía do Facho, do Premio Blanco Amor de Novela, do Certame de Narracións Breves "Modesto R. Figueirido", dos Premios Ricardo Carvalho Calero, do Premio de Poesía Miguel González Garcés, do Premio de Narrativa Repsol IPF, do Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía" ou dos Premios María Casares de Teatro. En 2008 traduce ao galego os materiais do Proxecto medioambiental Paisaxe elaborado polo Proxectoterra do COAG e a obra Social da Fundación "la Caixa" como o libro Paisaxe (Barcelona, 2008) supervisando lingüísticamente diversos materiais do proxecto (Antón de Soutolagoa descobre o seu mundo, Descubrindo onde vivimos, Movéndonos no territorio). Nos anos 80 comeza a súa actividade literaria participando no I Ciclo de Poesia Edral e editando diversos poemas, relatos e pezas teatrais en Luzes de Galiza (como no nº 21, 1993, dedicado a Avilés de Taramancos), Agália, Nós, Cadernos do Povo, O Ensino, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Anto (Amarante), O Correo Galego, Renovação, La Barandilla (en 1983 recibe o I premio de poesía La Barandilla en galego), Azgail, Habitantes do Lago, Nau senlheira, V Festival de Poesia no Condado, Olláparo, El Mundo, Çopyright, Enclave, Bravú, A Rua, Nova Renascença, Bolboreta, Revista San Xoán, Constantinopla, Guía dos Libros Novos, Madrygal, etc. Desde 1999 é colaborador de Radio Coruña e tamén escribe no servidor de internet e no teletexto da CR
