
Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90. En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros". En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres".
Series
Books

Antítese da ruína
2011

Xoguetes póstumos
2010

Os corpos invisibles
2019

Corazón e demais tripas
2016

As voces ágrafas
2019

Antídoto
2018

25 anos de poesía galega (1975-2000) III
2002

Diario bautismal dunha anarquista morta
1999

Libro das mentiras
2012

Velenarias
2001

Grimorio
2000

Bibliópatas e fobólogos
2017

Casa de orfas
2006

Besta do seu sangue
2018