Margins
Corazón e demais tripas book cover
Corazón e demais tripas
2016
First Published
3.78
Average Rating
180
Number of Pages
A temática sexual vertébrao todo, achegándose, o CORAZÓN E DEMAIS TRIPAS, a través de pequenos relatos, á vida privada de moita xente diferente. A autora achega o sexo aos lectores, a través dunha lingua cercana e principalmente, do humor, sempre tan próximo ao sexo.
Avg Rating
3.78
Number of Ratings
9
5 STARS
44%
4 STARS
11%
3 STARS
33%
2 STARS
0%
1 STARS
11%
goodreads

Author

Emma Pedreira
Emma Pedreira
Author · 14 books

Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90. En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros". En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres".

548 Market St PMB 65688, San Francisco California 94104-5401 USA
© 2026 Paratext Inc. All rights reserved